Descobre Vevi Dental!
Ofrecémosche dúas opcións para que probes Vevi Dental e coñezas todas as posibilidades que che ofrece, de forma totalmente gratuíta e sen ningún compromiso pola túa parte.
Un dos nosos técnicos poñerase en contacto contigo e mostrarache o funcionamento de Vevi Dental e as súas principais vantaxes, dunha forma personalizada e adaptada ás necesidades do teu laboratorio. Responderemos a todas as dúbidas que nos prantexes, e poderás probar o noso produto da forma máis rápida e sinxela.
Rexistra xa o teu laboratorio e comeza a usar Vevi Dental desde o primeiro momento, coa mesma funcionalidade da que xa gozan os nosos clientes. Regalámosche os primeiros 30 días para que o probes sen ningún compromiso e axudarémosche no proceso de migración desde o teu actual programa de xestión.
O teu laboratorio está fora de España?
Vevi Dental está especialmente adaptado á lexislación española e europea, pero pode ser empregado en moitos outros países. Se tes algunha dúbida sobre como empregar Vevi Dental no teu país, ou ben este non aparece na lista de países que ofrecemos, ponte en contacto connosco mandando un email a ventas@vevidental.com e informarémosche.