Condicións xerais de contratación

O presente documento rexerá a contratación de produtos e servizos a través do sitio web: www.vevidental.com, propiedade de VEVI SYSTEMS, S.L., en adiante "Vevi" ou prestador. A aceptación do presente documento conleva que o usuario:

  1. Liu, entendeu e comprende o aquí exposto.
  2. Que é unha persoa con capacidade suficiente para contratar.
  3. Que asume todas as obrigas aquí dispostas.

1.- Identidade das partes

Dunha parte, Vevi Systems, S.L., empresa inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña o 28 de outubro de 2.013, Inscrición 1ª, Folla C-50.675, Folio 195, Tomo 3.499, con N.I.F. B70388947 e domicilio social en Rúa Torreiro nº 13, planta 6ª, porta D 15001 A Coruña (España).

E por outra, o usuario, rexistrado no sitio web mediante un enderezo de correo electrónico e contrasinal, sobre os que ten responsabilidade plena de uso e custodia, sendo responsable da veracidade dos datos facilitados ao prestador.

2.- Obxecto do contrato

Este contrato contén as condicións polas que Vevi Systems, S.L. concede ao usuario unha licenza de uso sobre o software da súa titularidade Vevi Dental®, e presta uns servizos asociados a este conforme ás condicións que se expresan a continuación. A prestación destes servizos diríxese a persoa, física ou xurídica, que desenvolve unha actividade empresarial ou profesional e que emprega os produtos e servizos de Vevi para o desenvolvemento da súa propia actividade económica, empresarial ou profesional.

Neste documento, a expresión "cliente" ou "usuario" son de aplicación indistinta para o acceso á plataforma e aos seus servizos.

3.- Procedemento de contratación

3.1. Alta do servizo

O usuario, para poder acceder aos servizos ofrecidos polo prestador, deberá darse de alta na plataforma Vevi Dental® empregando algún dos medios que o prestador ofreza para este fin, incluíndo polo menos:

  1. A contratación a través do sitio web (www.vevidental.com), mediante a creación dunha conta de usuario.
  2. A contratación a través dunha chamada telefónica.
  3. A contratación mediante correo electrónico.

Para tramitar a alta, o usuario deberá proporcionar, de maneira libre e voluntaria, os datos (persoais, ou doutra natureza) que lle sexan requiridos, así como aceptar as presentes condicións. O usuario aceptará as presentes condicións contractuais de forma explicita durante o proceso de alta.

Unha vez tramitada a alta, o prestador proporcionará ao usuario unha conta na plataforma Vevi Dental®, á que o usuario poderá acceder mediante un identificador único da súa conta, un correo electrónico (que actuará como nome de usuario) e un contrasinal.

O usuario comprométese a facer uso dilixente dos mesmos, e non poñelos a disposición de terceiros, así como a comunicar ao prestador a perda ou roubo dos mesmos ou do posible acceso por un terceiro non autorizado, de tal forma que éste proceda ao bloqueo inmediato.

O usuario non poderá elixir como nome de usuario nin identificador palabras que teñan como fin o confundir a outros por identificar a éste como membro integrante do prestador, así como expresións malsoantes, inxuriosas e, en xeral, contrarias á lei ou ás esixencias da moral e boas costumes.

De conformidade co esixido polo art. 27 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, o procedemento de contratación seguirá os seguintes pasos:

  1. Rexistro na plataforma seguindo o procedemento indicado.
  2. Activación da conta mediante o correo enviado ao usuario.

3.2. Período de proba

Vevi poderá conceder ao cliente unha licenza de uso gratuíta de duración limitada, non exclusiva e non transferible para empregar o software ao que se refire. A duración de dito período será comunicada ao cliente como parte do proceso de alta.

En caso de non desexar empregar a plataforma unha vez finalizado o período de proba, o cliente poderá tramitar a baixa do servizo mediante o procedemento definido no punto 3.4.

3.3. Vixencia e prórroga da subscrición

Unha vez finalizada a vixencia da licenza de uso gratuito, en caso de haber sido ésta concedida, ou dende a data de alta, noutro caso, o cliente pasará a ter unha licenza de uso de pago, non exclusiva, e non transferible, que estará vixente, salvo baixa do cliente, ata o fin do período de subscrición contratado.

En todo caso, aplicaranse aos sucesivos períodos de vixencia os termos e condicións establecidos neste documento.

Unha vez finalizado o período de vixencia da licenza en vigor, o cliente perderá o dereito de acceso á plataforma. En caso de querer realizar a contratación pasado dito prazo, será preciso poñerse en contacto con Vevi a través de correo electrónico ou postal.

3.4. Baixa do servizo

O cliente poderá notificar a súa vontade de non renovar o servizo en calquera instante. A notificación de non renovación do servizo deberá realizarse a través do botón habilitado a tal efecto na aplicación Vevi Dental® da cal o cliente ten autorización, (licenza), de uso.

En caso de non renovarse o servizo, xa sexa ao termo do período inicial ou de calquera das súas prórrogas, ou en caso de impago da cuota correspondente, o acceso ao software e o servizo cesarán automaticamente e sen necesidade de previo aviso, sen que dende ese momento o cliente poida ter acceso ao software nin á información nel almacenada, sen perxuízo do que se indica no apartado 9.

Vevi poderá, así mesmo, deixar de prestar os servizos, (incluíndo o acceso ao software), respectando en todo caso o período de vixencia contratado polo cliente, sen que corresponda en tal caso dereito a compensación ou indemnización para o cliente.

En calquera caso, o cliente deberá abonar os días pendentes de pago ata eo momento da baixa. En caso de haber pagado mais días a baixa do servizo antes da finalización da licenza non da dereito a devolución do importe xa abonado.

4.- Prezo e condicións de pago

4.1. Prezo do servizo

Os prezos aplicables serán os vixentes no momento da contratación, ou de cada renovación, do servizo, aos que se engadirán os impostos que en cada momento resulten de aplicación.

4.2. Condicións de pago

De forma xeral, o cliente poderá optar polo método de pago que desexe, dentro daqueles que ofrece o prestador na súa zona xeográfica. En calquera caso, o prestador resérvase o dereito a variar ou restrinxir os métodos de pago dispoñibles para cada cliente en particular.

4.2.1. Pago mediante domiciliación

O cliente poderá solicitar o pago mediante domiciliación bancaria, para o que deberá proporcionar ao prestador os datos de pago (IBAN e SWIFT), empregando os procedementos habilitados polo prestador para tal fin. Ademais, o cliente debe imprimir, cubrir e enviar a Vevi, no prazo de 15 días, o mandato que autoriza a Vevi a realizar cargos domiciliados na conta indicada.

En caso de elixir esta forma de pago, o período de subscrición do cliente estará vixente, salvo baixa do cliente, ata o día 1 do mes seguinte, e renovarase automaticamente por períodos dun mes e segundo os prezos vixentes. En caso de baixa do cliente, o período de subscrición finalizará o día de tramitación da baixa.

O pago realizarase nos dez primeiros días do mes seguinte a cada período de subscrición, mediante recibo bancario domiciliado na conta indicada.

4.2.2. Pago por adiantado

O cliente poderá solicitar o pago por adiantado, mediante PayPal ou calquera outro método ofrecido polo prestador.

O cliente poderá abonar por adiantado ata un máximo de 12 meses, en períodos dun mes de duración. A subscrición será válida ata o fin do peíiodo pagado. De non ser renovada antes desta data, o cliente será dado de baixa automaticamente nun prazo de 30 días a partir de dita data.

En calquera caso, a licenza de uso, e por tanto o acceso a Vevi Dental®, finalizará o día de fin da subscrición, e se o cliente desexa renovar a licenza, deberá facelo dende dita data.

4.3. Condicións de devolución

O prestador non devolverá o importe pagado polo cliente, aínda que este decidira darse de baixa antes da finalización do período de subscrición contratado.

4.4. Impagos

No caso de impago, o prestador resérvase o dereito a cancelar a conta do cliente, o que implicará o fin da licenza de uso, así como o borrado da información almacenada na súa conta.

En calquera caso, Vevi comunicará ao cliente este feito polo menos mediante correo electrónico, e dará ao cliente un prazo de 30 días para abonar a cantidade adeudada antes de cancelar a conta.

En caso de impago, e adicionalmente á cantidade adeudada, o cliente deberá abonar ao prestador os custos derivados do impago.

5.- Software

5.1 Propiedade intelectual e cesión de uso.

Vevi é titular deste software, manuais e calquera outro material ao que teña acceso o usuario. Vevi concede ao cliente rexistrado unha licenza de uso do software durante o período de subscrición contratado, non exclusiva e non transferible para empregar o software ao que se refire.

O cliente poderá crear e xestionar usuarios dentro da súa licenza, tanto para o uso interno, por parte dos seus empregados, como para uso externo, por parte das clínicas dentais ou outros clientes.

O acceso e uso do software levarase a cabo de forma remota a través da rede internet, sen que este contrato supoña o dereito a obter unha versión executable nunhas instalacións distintas ás dispostas por Vevi.

A concesión da presente licenza, só comprende o software titularidade de Vevi. No caso de que existise software de terceiros executable de modo independente ou combinado, Vevi garantiza que dispón do dereito de distribución, e proporciona ao cesionario o correspondente contrato de autorización de uso para o seu coñecemento e aceptación.

5.2 Prohibicións

Queda prohibida a reprodución total ou parcial do software, incluso para uso persoal, por calquera medio e baixo calquera forma, permanente ou transitoria, a tradución, adaptación, arranxo ou calquera outra transformación e a reprodución dos resultados de tales actos, e calquera forma de distribución pública, incluído o alquiler do software ou calquera cesión de uso a terceiros non autorizados. Esta prohibición faise extensible tanto ao software como á súa documentación técnica. Estos actos, realizados sen autorización de Vevi, constitúen unha infracción dos seus dereitos de explotación, e poden constituír un delito contra a propiedade intelectual consignado no artigo 270 do Código Penal.

Prohíbese o uso inadecuado da plataforma Vevi Dental®, como son as accións non contempladas na interface ou no manual de usuario proporcionado ao cliente, e aquelas non permitidas pola lei, como por exemplo as que poidan afectar á integridade ou dispoñibilidade do servizo, así como aos datos de clientes de Vevi Dental®.

O incumprimento dalgunha destas condicións implicará a baixa inmediata do servizo, con independencia das posibles accións legais que poidan ser levadas a cabo.

6.- Servizos

Durante o período de subscrición do usuario do software, Vevi prestará os seguintes servizos de mantemento e soporte técnico ao cesionario, con carácter de intransferibles, e en tanto estea ao corrente do pago de la cuota correspondente.

6.1 Mantemento

Vevi adaptará o software ás modificacións legais que esixa a efectiva aplicación da normativa estatal Española de obrigado cumprimento, levando a cabo para iso os cambios precisos para axustar o funcionamento do software ás disposicións que en cada momento sexan de aplicación.

As actualizacións derivadas do mantemento aplicaranse automaticamente segundo o calendario de evolución do software establecido por Vevi, e sen necesidade de intervención do usuario.

6.2 Soporte técnico

Vevi atenderá as consultas referentes ao funcionamento e operativa do programa obxecto do presente contrato, mediante un servizo de atención técnica. Para iso, Vevi pon ao servizo do cliente unha sección na aplicación Vevi Dental®, da cal o cliente ten licenza de uso, para poder enviar consultas e suxerencias ao equipo de soporte técnico de Vevi. As consultas e suxerencias dos clientes serán contestadas coa maior dilixencia e de acordo ás prácticas xerais da industria.

7.- Garantía e responsabilidade

7.1 Garantía do Software e os Servizos

O software non está deseñado para satisfacer as necesidades particulares do cesionario, senón que está desenvolvido para cumprir unha finalidad xeral, polo que non se garantiza que as prestacións do programa sexan as que en opinión do cesionario deberían cumprirse, nin que respondan a necesidades particulares do mesmo. Tampouco se garantiza que o funcionamento do software sexa ininterrumpido.

A garantía de Vevi limítase á resolución de erros ou incidencias que afecten ao normal funcionamento do software. A resolución de tales incidencias poderá levarse a cabo mediante as actualizacións do software que Vevi implemente segundo o calendario de evolución do produto.

Os servizos prestaranse coa maior dilixencia e dacordo ás prácticas xerais da industria. Vevi non se fai responsable das posibles alteracións ou perdas de datos que se produciran nos sistemas de información do cliente, nin tampouco dos danos que puideran derivarse como resultado da prestación dos servizos obxecto deste contrato.

Vevi non responderá de ningunha garantía realizada por terceiros, incluídos os seus distribuidores oficiais.

7.2. Responsabilidade.

O software de Vevi está dirixido a empresas ou profesionais quen, baixo a súa propia responsabilidade, o aplican e adaptan á súa particular forma de entender os resultados que esperan do mesmo, interpretando os datos e resultados proporcionados por éste, polo que Vevi non se responsabiliza de ningún prexuízo supostamente provocado polo uso ou falta de uso do software, incluíndo interrupcións de traballo, perdas de datos, perdas económicas ou perdas de ganancias previstas como resultado do seu uso.

Vevi non se responsabiliza dos danos relacionados coa utilización ou imposibilidade de utilización da aplicación, incluída a perda de datos que se produciran con motivo do uso do software ou do incumprimento dos requisitos mínimos establecidos, que queda baixo a responsabilidade do cesionario.

Nos casos nos que o cesionario dispoña de acceso a software comercializado por Vevi que permita a sincronización da información almacenada, Vevi non se fai responsable das consecuencias que as posibles faltas ou incidencias de sincronización dos datos poidan producir.

O cliente será responsable do cumprimento das condicións expresadas no presente contrato, así como do uso de Vevi Dental®, e das perdas ocasionadas polos usuarios aos que autorizase.

En caso de reclamación de cantidades por incumprimento ou danos, o cliente acepta que estas quedan limitadas ao importe pagado polo servizo da última renovación ou prórroga.

8.- Web.

8.1. Dispoñibilidade.

Vevi procura proporcionar un acceso continuo a Vevi Dental®, pero non pode garantizar unha dispoñibilidade permanente. O acceso ao software pode interromperse por causas alleas ao control de Vevi, como incidencias nas redes de comunicación, tarefas de mantemento ou resolución de incidencias.

Sempre que sexa posible, Vevi procurará que as interrupcións sexan o mais breves posibles e avisará con unha antelación razoable de aquelas que estean programadas ou sexan coñecidas, pero declina calquera responsabilidade pola imposibilidade de acceso ao software.

8.2. Uso de cookies.

Vevi Systems, S.L., emprega cookies para personalizar e facilitar ao máximo a navegación do usuario polos seus websites. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu ordenador e non proporciona referencias que permitan deducir datos persoais do usuario. O usuario poderá configurar o seu navegador para que notifique e rexeite a instalación das cookies enviadas por Vevi Systems, S.L., aínda que esta circunstancia pode afectar ao normal funcionamento do software.

A páxina Web emprega Google Analytics, unha páxina Web de servizos de análise de Google, Inc. ("Google"). Google nos require para que reproduzamos a seguinte declaración. O cliente pode atopar mais información sobre este servizo en http://www.google.com/analytics. Google Analytics emprega "cookies", que son arquivos de texto ubicados no seu ordenador, para axudar a empregar cómo é empregado o Portal polos usuarios. A información xerada pola cookie en relación ao uso que Vostede fai da páxina Web (incluíndo o seu enderezo IP que non enlazamos con ningunha información persoal que poida identificarse) será directamente transmitida e arquivada por Google nos seus servidores nos Estados Unidos . Google empregará esta información co fin de avaliar o uso que se realiza da páxina Web, recopilando informes da actividade que realiza e para prestarnos outros servizos en relación coa actividade da páxina Web e o uso de Internet. Google poderá transmitir dita información a terceiros cando sexa requirida por algunha disposición legal, ou cando ditos terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o seu enderezo de IP con ningún outro dato do que dispoña Google. O cliente pode rexeitar o uso de cookies, seleccionando a configuración apropiada no seu navegador. Mediante o uso desta páxina Web, o cliente da o seu consentimento ao tratamento dos seus datos por Google na forma e para os fins anteriormente indicados.

9.- Tratamento de datos de carácter persoal

9.1 Obxecto do tratamento

Para prestar os servizos contemplados neste contrato, Vevi accede a datos de carácter persoal incluídos en ficheiros dos que é responsable o cliente, tanto para aloxalos e tratalos co programa, como para prestarlle o servizo de soporte técnico, no seu caso, onde queda incluído o acceso aos seus datos.

En particular, a plataforma Vevi Dental® trata datos relativos a tratamentos protésicos, facturación, xestión de almacén e pedidos, empregados e en xeral calquera datos relacionado coa xestión diaria do laboratorio dental ou centro de fresado.

9.2 Obrigas do encargado de tratamento

Na súa condición de encargado de tratamento, Vevi comprométese a asumir todas as obrigas establecidas pola Lei. En particular:

  1. Os datos dos clientes non serán destinados a ningunha outra finalidade que a necesaria para o funcionamento de Vevi Dental®.
  2. Vevi garantizará que as persoas autorizadas para tratar datos persoais se comprometeran a respectar a confidencialidade dos mesmos.
  3. Aplicará todas as medidas necesarias para garantizar a seguridade da información obxecto deste contrato, de conformidade co artigo 32 do Regulamento (UE) 2016/679, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes datos (RGPD), e en particular as derivadas do Informe da Avaliación de Impacto na Protección de Datos Persoais realizado por Vevi.
  4. Respectará as condicións incluídas na Lei para recorrer a outro encargado do tratamento, incluíndo a notificación ao responsable da incorporación dun subencargado ou a súa substitución. En particular, tanto a información como os datos incorporados polo cliente á aplicación Vevi Dental® poderán ser almacenados en servidores de terceiros, sempre seguindo as obrigas indicadas no RGPD. Vevi non almacenará os datos do cliente en países non pertencentes á UE.
  5. Asistir ao responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos dos interesados recollidos no Capítulo III do RGPD: Acceso, rectificación, supresión e oposición; Limitación do tratamento; Portabilidade de datos; Ao non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas (incluída a elaboración de perfís).
  6. Os datos incorporados polo cliente á aplicación Vevi Dental® bloquearanse unha vez cese a prestación do servizo, e serán conservados por Vevi durante 30 días, podendo o cliente durante ese período solicitar a súa recuperación ou borrado. Neste caso, Vevi devolverá os datos ao cliente nun formato estruturado sempre e cando o cliente o solicite no prazo indicado. Transcorrido tal prazo ou unha vez postos os datos a disposición do cliente, estes destruiranse.
  7. Vevi comprométese a colaborar co responsable do tratamento para garantizar o cumprimento das medidas de seguridade que correspondan, así a notificar as violacións de datos que puidesen producirse tanto ao cliente como ás Autoridades de Protección de Datos.

9.3 Obrigas do responsable de tratamento

Na súa condición de responsable do tratamento, o cliente ou usuario comprométese a respectar a lexislación vixente en materia de protección de datos.

10.- Duración

Este Contrato de Licenza de uso e Prestación de Servizos é o vixente á data de alta do cliente e resultará de aplicación durante a vixencia do servizo que teña subscrito con Vevi. En cambio, Vevi pode revisar ou modificar estas condicións en calquera momento, cando resulte preciso ou conveniente, por producirse cambios no seu funcionamento ou operativa, no marco legal aplicable, nos provedores de servizos, etc.

En calquera caso, Vevi avisará ao cliente do cambio nas condicións contractuais con polo menos 30 días de antelación, podendo o cliente tramitar a súa baixa do servizo en caso de que así o considere. A baixa do servizo, por este ou outro motivo, non terá custo algún, debendo o cliente abonar unicamente os días adeudados, tal como se indica no punto 3.4.

11.- Notificacións

O cliente acepta expresamente que Vevi poida realizar todas as notificacións referentes ao contrato por vía telemática, en particular ao correo electrónico facilitado na alta, ou na sección denominada "Avisos" da plataforma Vevi Dental®.

10.- Lexislación aplicable e foro

Segundo o artigo 29 da Lei 34/2002, de 11 de jullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, considérase lugar de celebración do contrato o domicilio de Vevi.

Este contrato de Licenza de Uso e Prestación de Servizos, así como calquera controversia que puidera xurdir, xa sexa contractual ou extracontractual, rexirase polo disposto na normativa vixente no Reino de España.

Os Tribunais Españois serán os únicos competentes para resolver calquera cuestión relativa á interpretación ou execución deste documento. Vevi resérvase o dereito de exercitar cantas accións asistan ao seu dereito, no seu caso, no país no que se ache o domicilio ou lugar de residencia do usuario.

Para a resolución de calquera cuestión litixiosa derivada do presente documento, Vevi e o cliente someteranse á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais da cidade de A Coruña, con expresa renuncia a calquera outro foro que lles puidera corresponder.