Un software para o Laboratorio Dental 2.0®
Vevi Dental® é unha solución innovadora aos problemas do teu laboratorio dental. Desenvolvida durante meses por
expertos en seguridade e aplicacións Web, xunto a profesionais do sector dental, Vevi Dental é unha potente
plataforma que leva á nube a xestión do teu laboratorio dental (xeneralista, prótese fixa, ortodoncia, etc.) ou centro de fresado.
Poderás traballar desde calquera parte e en cualquera momento, e xa non terás que preocuparte por aspectos
técnicos como a instalación ou actualización do software, as copias de respaldo ou outros problemas de seguridade.
Nós encargámonos de todas as tarefas necesarias para que cando precises acceder aos teus datos, o noso
software "simplemente funcione".
Con Vevi Dental esqueceraste por fin da informática e poderás centrarte realmente no teu traballo.
Todo o que o teu laboratorio precisa nun único programa
Vevi Dental é moito máis que un software de xestión de laboratorios dentais. É unha plataforma integral que che permitirá
xestionar todos os aspectos do teu día a día de forma sinxela e centralizada.
Non precisarás de ningún outro programa de xestión. Con Vevi Dental poderás controlar e planificar os teus traballos, realizar
a facturación, xestionar o almacén, interactuar coas túas clínicas, etc. todo de forma sinxela e desde o mesmo lugar.
Grazas á nosa visión integral, mellorarás substancialmente a xestión do teu laboratorio, o que repercutirá nun
aumento da túa produtividade e beneficios.
Aínda non estás convencido?
Con Vevi Dental non só vas ter un programa de xestión, senón que contarás cun equipo de profesionais que che
axudarán en todo momento. Tanto se actualmente traballas con outro programa de xestión como se comezas desde cero,
estaremos continuamente ao teu lado, aconsellándote desde o principio para que poidas sacar o maior partido tanto
ao software como ao teu laboratorio.
Con case cinco millóns de próteses xestionadas, e asesorando a centos de laboratorios en España e outros
países, Vevi Dental é unha garantía para ti e para o teu negocio. Contacta connosco e un dos nosos axentes
aconsellarache sobre a mellor forma de empezar xa a traballar con Vevi Dental.