Política de seguridade
O equipo de Vevi Dental é consciente da importancia que supón para ti a seguridade dos teus datos e os dos teus clientes. É por iso que desde o primeiro momento apostamos por unha plataforma na nube. Xa non terás que preocuparte por manter o teu ordenador libre de virus, actualizar diariamente o teu sistema e aplicacións para parchear problemas de seguridade, realizar copias de respaldo dos teus datos, etc. No seu lugar, o noso equipo de expertos encargarase destas e outras moitas tarefas que é necesario realizar todos os días para garantir a seguridade dos teus datos. Unha vez comeces a usar Vevi Dental, a túa única preocupación será acordarte do teu contrasinal ;-)
Empresa certificada ISO 27001
Vevi Systems S.L. ten un sistema de xestión da seguridade da información certificado segundo a norma ISO/IEC 27001:2013 por Applus+.
Podes descargar aquí o certificado acreditativo.
Plataforma segura
- Vevi Dental é un produto desenvolvido por programadores expertos en seguridade, que desde o primeiro momento tivemos presentes os problemas habituais deste tipo de plataformas.
- A diferencia doutros produtos, todo o persoal involucrado no desenvolvemento de Vevi Dental somos enxeñeiros en informática con anos de experiencia en desenvolvemento de software e seguridade en aplicacións e sistemas.
- Auditamos periódicamente a seguridade da nosa plataforma, e mantemos actualizados en todo momento todos os compoñentes da mesma, evitando a presencia de fallos de seguridade coñecidos.
- O noso sistema de control de acceso baseado en roles permite que ti tamén poidas xestionar quen dos teus empregados ou clientes teñen acceso aos teus datos e en que condicións.
Acceso seguro
- O acceso á nosa plataforma require da autenticación do usuario mediante contrasinal. Seguimos procedementos amplamente aceptados para a xestión e almacenamento seguro de contrasinais, a xestión das sesións de usuario e a prevención de ataques por forza bruta.
- O noso persoal nunca accede aos teus datos salvo que nolos solicites ou sexa estritamente necesario para garantir o servizo.
- Grazas ao uso de HTTPS, toda a información que subes ou consultas na plataforma viaxa totalmente cifrada por Internet, a salvo de manipulación ou roubo. Utilizamos os algoritmos e prácticas de seguridade máis actuais para protexer a túa comunicación coa nosa plataforma.
Os teus datos a bo recaudo
- Vevi Dental alóxase na plataforma Amazon Web Services, o principal provedor Cloud na actualidade.
- A seguridade dun aloxamento de tales características é moito maior que a dun provedor de hosting ao uso, ou en xeral á que poidas manter nas túas instalacións.
- Os centros de datos de Amazon AWS seguen estritas prácticas de seguridade, e contan con numerosas certificacións de prestixio que así o demostran, como ISO 27001, PCI (Payment Card Industry) ou DSS (Data Security Standard), entre outras. Se che interesa coñecer máis detalles acerca de como Amazon xestiona a seguridade dos seus centros de datos, só tes que visitar a información que eles mesmos teñen dispoñible: http://aws.amazon.com/es/security/.
- Facemos copias de seguridade dos teus datos cada hora, para que nunca perdas a información que precisas. Gardamos as copias de forma redundante, e transmitímolas e almacenamolas cifradas para que só o persoal de Vevi Dental debidamente autorizado poida acceder a elas cando sexa preciso.
- Tanto Vevi Dental como a plataforma AWS cumpren co Reglamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) o que asegura o tratamento correcto dos teus datos polos nosos sistemas e empregados, segundo a Lexislación vixente na Unión Europea, o que facilita o cumprimento desta normativa na túa empresa.
Os teus datos son teus
- Temos un firme compromiso coa privacidade dos teus datos. Non cedemos a ninguén os datos que subes á plataforma, nin os utilizamos para ningún outro fin alleo ao propio funcionamento de Vevi Dental.
- Podes dispor dos teus datos en todo momento a través da plataforma. E se o desexas, proporcionámoschos nun formato máis cómodo para que os gardes ou os leves cando queiras.
- Todos os teus datos están aloxados en servidores situados na Unión Europea (na actualidade Amazon mantén os seus servidores en Irlanda), garantíndose a túa privacidade polo Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016, Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), en consonancia coas recomendacións da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) no relativo á contratación de servizos na nube.
- Podes borrar ou editar os teus datos en calquera momento desde a propia plataforma. E podes contactar connosco se desexas recuperar algún dato que borraras por erro, ou se queres que eliminemos os teus datos das copias de seguridade.
Xestión responsable de incidencias
- A pesar de todos os esforzos que realizamos día a día para evitalo, somos conscientes que tarde ou cedo poderán producirse incidencias de natureza accidental ou intencionada, e estamos preparados para responder a elas.
- Realizamos una xestión responsable das incidencias, informando aos nosos clientes de todas aquelas que poidan afectar ao noso servizo ou aos seus datos, e indicando a natureza das mesmas, as medidas tomadas para solucionalas, o tempo de resolución estimado e, en caso de producirse, os danos causados.
- Mantemos un plan de continxencia para responder no menor tempo posible ás incidencias que poidan producirse, minimizando o seu impacto no servizo.
E ademáis, se queres coñecer máis acerca da nosa política de seguridade, ou consultarnos calquera dúbida ou preocupación, non tes máis que contactar con nosoutros.